Vistas á praia nun entorno único
Xusto no centro de Laxe
Conta con 30 habitacións dobres con baño completo, climatización, televisión, fío musical, minibar, teléfono, conexión a internet wifi, caixas fortes individuais e unha central, secador de pelo e produtos de aseo nos baños.
O Hotel Playa de Laxe dispón tamén de servizo de cafetaría, aparcadoiro propio e ascensor directo dende o aparcadoiro ás habitacións.
Prácticamente todas as habitacións teñen vistas tanto á praia como á vila de Laxe. Xusto en fronte do hotel temos a praza maior, onde está o centro médico da vila, o concello e un parque de xogos para nenos.


